Aliteraclara | Escola galega de escrita creativa


Aliteraclara.com, escola galega on-line de escrita creativa, nace da demanda das numerosas persoas que senten a necesidade de escribir e de aprender e que, por motivos laborais ou xeográficos, non teñen posibilidade de asistir ás clases. Está pensada para mulleres e homes que precisan da escrita para realizarse, que necesitan dunha man que os acompañe nos primeiros pasos e lles dea azos para desenvolverse na literatura. Aliteraclara.com ofrece ao alumnado un gran abano de posibilidades e recursos para lanzarse a escribir, pero tamén achega as novidades literarias, as convocatorias de concursos e o mundo editorial.
Clara do Roxo é a directora da escola. Escritora, profesora e narradora, imparte obradoiros de escrita creativa dende 2013. A súa maior motivación, e a dos escritores e escritoras que a acompañan neste proxecto é transmitir aos alumnos a súa paixón pola escrita. Aliteraclara.com conta no seu inicio coa poeta María Lado, os escritores, Antonio Manuel Fraga, Eli Ríos, Xabier López, Fran Fernández Davila, Ángel de la Cruz, Eva Ferreira, Antía Yáñez, Vanessa Glemsel e a propia Clara do Roxo como profesores, e ofrece obradoiros de poesía, novela e relato. 

Para pechar o círculo, nun intento de achegar aos autores e autoras á publicación ou aos certames literarios, a escola pon ao seu dispor un servicio de valoración e corrección de orixinais, a cargo dos escritores Amadeo Cobas, Manuel Sánchez Gálvez, Eva Ferreira e Vanessa Glemsel.

CURSOS DE ESCRITURA AVANZADOS                         ALITERACLARA 2019                                      OBRADOIRO DE R...