XABIER LÓPEZ GAÑA O PREMIO TORRENTE BALLESTER 2018 EN LINGUA GALEGA

Dende o colectivo de docentes da Escola de escritura creativa Aliteraclara, felicitamos á profesora do Obradoiro de Literatura para mozas e mozos e o Obradoiro de Comentario de texto literario, por acadar o Premio Illa Nova.




https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2018/11/07/xabier-lopez-gana-900-xxx-premio-torrente-ballester-gallego/00031541610420791348893.htm

FRAN FERNÁNDEZ DAVILA GAÑA O AVILÉS DE TARAMANCO



Dende Aliteraclara felicitamos a Fran Fernández Davila, profesor do obradoiro de Novela intuitiva da Escola de escrita creativa Aliteraclara, polo premio de novela Avilés de Taramanco.



https://www.pressreader.com/spain/la-voz-de-galicia-barbanza/20180519/281513636808425


ANTONIO MANUEL FRAGA GAÑA O PREMIO MARÍA VICTORIA MORENO

Cun   chisco   de retraso estamos a felicitar aos profesores da escola Aliteraclara que acadan importantes premios literarios, neste caso é o profesor de Literatura Infantil e Xuvenil, Antonio Manuel Fraga. Dende o colectivo de docentes de Aliteraclara, dámoslle os nosos parabéns.

Obtén o galardón de narracións xuvenís na súa primeira edición con «O bestiario científico de Anxos Nogueirosa»







https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/pontedeume/2018/04/23/antonio-manuel-fraga-gana-primeiro-premio-narrativa-xuvenil-maria-victoria-moreno/00031524506141958991275.htm



O profesor de novela da escola Aliteraclara, Xabier López, gaña o premio Juan March


Dende o colectivo de docentes da escola de escrita Aliteraclara, queremos felicitar a Xabier López López, o profesor que imparte o Obradoiro de Novela Avanzada, por acadar o premio Juan March cunha novela breve sobre Max Brod e Kafka.

Kafka pedíralle a Brod que, á súa morte, queimase todos os seus escritos. Fixo o contrario









https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/08/08/span-langglxabier-lopez-gana-spanjuan-marchspan-langgl-cunha-novela-breve-sobre-max-brod-kafkaspan/0003_201808H8P40992.htm

Aliteraclara | Escola galega de escrita creativa


Aliteraclara.com, escola galega on-line de escrita creativa, nace da demanda das numerosas persoas que senten a necesidade de escribir e de aprender e que, por motivos laborais ou xeográficos, non teñen posibilidade de asistir ás clases. Está pensada para mulleres e homes que precisan da escrita para realizarse, que necesitan dunha man que os acompañe nos primeiros pasos e lles dea azos para desenvolverse na literatura. Aliteraclara.com ofrece ao alumnado un gran abano de posibilidades e recursos para lanzarse a escribir, pero tamén achega as novidades literarias, as convocatorias de concursos e o mundo editorial.
Clara do Roxo é a directora da escola. Escritora, profesora e narradora, imparte obradoiros de escrita creativa dende 2013. A súa maior motivación, e a dos escritores e escritoras que a acompañan neste proxecto é transmitir aos alumnos a súa paixón pola escrita. Aliteraclara.com conta no seu inicio coa poeta María Lado, os escritores, Antonio Manuel Fraga, Eli Ríos, Xabier López, Fran Fernández Davila, Ángel de la Cruz, Eva Ferreira, Antía Yáñez, Vanessa Glemsel e a propia Clara do Roxo como profesores, e ofrece obradoiros de poesía, novela e relato. 

Para pechar o círculo, nun intento de achegar aos autores e autoras á publicación ou aos certames literarios, a escola pon ao seu dispor un servicio de valoración e corrección de orixinais, a cargo dos escritores Amadeo Cobas, Manuel Sánchez Gálvez, Eva Ferreira e Vanessa Glemsel.

XABIER LÓPEZ GAÑA O PREMIO TORRENTE BALLESTER 2018 EN LINGUA GALEGA Dende o colectivo de docentes da Escola de escritura creativa Aliter...