OBRADOIRO DE RELATO AVANZADO
Febreiro e marzo-19
O 04 de febreiro comeza o Obradoiro de escrita creativa avanzado no De Catro a Catro.
Escritores/as que fixeron os cursos de 1 e 2 de iniciación da Escola Aliteraclara, continúan a xuntar letras para escribir historias. Xa coñecen as técnicas e os trucos, posúen todas as ferramentas para elaborar relatos literarios de calidade.
OBRADOIRO DE RELATO AVANZADO CON GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
Febreiro e marzo-19
Mércores comeza o Obradoiro de relato avanzado con García Márquez no de Catro a Catro
Escritores/as que xa remataron os niveis 1, 2, 3 e 4 da Escola Aliteraclara, comezan o "Máster",
especializado na obra de Gabriel García Márquez, un obradoiro diferente no que aprenden a elaborar un proxecto íntegro (dende a capa sinopse, pasando polos escenarios, tramas, estruturas, personaxes, climax e final) dunha obra literaria que sairá do curso preparada para participar en certames ou para a súa publicación.
OBRADOIRO DE EXPERTAS/OS
De febreiro a novembro-19
Escritores/as que xa remataron os catro niveis da Escola Aliteraclara e o "máster" de García Márquez, embárcanse nunha aventura na que xa teñen perfilado o seu estilo, os seus gustos á hora de escribir e buscan perfeccionarse na escrita e na crítica literaria. Un obradoiro de seguimento, moi personalizado, moi especializado, no que cada escritor/ra seguirá o seu camiño, pero sen desconectar do grupo co que comezaron a escribir. Escritores e escritoras que rematarán en decembro do 2019 un proxecto individual e outro común.